sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Concello de Tui apela a responsabilidade da comunidade para manter Tui...

O Concello de Tui apela a responsabilidade da comunidade para manter Tui limpo

- Ponse en marcha unha campaña de seguimento do cumprimento da normativa de limpeza

O Concello de Tui considera que a actual temporada turística está sendo exitosa para a hostalería tudense. O gran número de visitantes que recibe a cidade fai que moitos negocios multipliquen por tres ou por catro a súa actividade nestes meses de verán. Este feito incide positivamente na economía global do concello.

Este bo comportamento do turismo ten que vir acompañado dun esforzo por parte de todos, administración, veciñanza e establecementos hostaleiros e de restauración, para dar unha imaxe dun Tui limpo e ordenado. Si está claro que por parte do concello existe a obriga de manter as rúas limpas, por parte da veciñanza e especial dos negocios debe esperarse tamén unha maior responsabilidade no cumprimento da Ordenanza de Limpeza.

As empresas dedicas á hostalería e ao turismo, ao igual que as de que calquera outro sector, teñen o que coñecemos coma ‘responsabilidade social’, é dicir, máis aló de ser rendibles economicamente para os seus propietarios, teñen o compromiso e a obriga de buscar e promover o benestar social e a mellora do entorno no máis amplo sentido da palabra, tanto físico coma social.

O Concello lamenta que nun mes no que os e as visitantes enchen as rúas de Tui teñamos imaxes absolutamente lamentables arredor dos contedores de lixo, con caixas de cartón amoreados a carón do colector baleiro, restos de cociña pousados xunto ao contedor correspondente, bolsas de lixo depositadas a pé de rúa sen introducir nos contedores, … dando unha sensación de sucidade e abandono, que en nada benefician a ninguén, nin a veciños, nin a negocios. Por iso dende esta semana o Concello pon en marcha unha campaña de control da Ordenanza de Ornato Público e Limpeza. Sen ser esta a intención do goberno o incumprimento da normativa pode acarrexar sancións, dende 200 € para as infraccións leves até os 800€ para as máis graves.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, considera que manter o atractivo turístico e a boa imaxe do noso concello é un labor de todos e todas, na que todas as persoas e empresas nos temos que implicar, e que tamén todos e todas temos responsabilidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS