sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsSalvaterra mellora os seus camiños municipais

Salvaterra mellora os seus camiños municipais

- A mellora do accesos en Coto e o Couto ten unha inversión total de 66.750,86 euros

Iniciada a licitación para a mellora de accesos en Coto (Oleiros) e o Couto (Salvaterra) a
través do Plan Camiños 2023-2024, financiada mediante a subvención da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora
de camiños municipais por un importe de 55.166 euros (a dividir entre os dous anos),
asumindo o Concello o valor restante de 11.584,86 euros.


O Concello segue co plan de mellora da súa rede viaria, neste caso coas obras de mellora
de drenaxe e pavimentación de dous camiños municipais de acceso aos lugares de Coto,
na parroquia de Oleiros e O Couto, na parroquia de Salvaterra, que nestes momentos se
atopan nun estado de notable deterioro. Con estas obras o que se pretende é mellorar
a calidade e a seguridade dos viais. Ademais no tramo do Coto en Oleiros executarase
un tramo de cuneta revestida de formigón para dar solución a evacuación das augas
pluviais no vial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS