Busca financiación autonómica para acometer o proxecto de conservación e restauración dos sepulcros e o presbiterio, xa redactado por encargo do cura párroco David López
Un gran patrimonio cultural e histórico da parroquia e do Concello de Mos, que caera no esquecemento, volve a estar de actualidade coa intención de administración local e comunidade parroquial de poñelo en valor. Os corpos dos primeiros Marqueses de Mos atópanse enterrados na Igrexa de Santa Eulalia e ante tal xoia do arte sacro o cura párroco, David López, solicitou un proxecto de restauración, que inclúe tamén o presbiterio e que xa se atopa rematado, e para o que a alcaldesa, Nidia Arévalo, atópase buscando financiación na Xunta de Galicia.
Ata o lugar desprazáronse ambos, xunto co tenente alcalde, Camilo Augusto, para visitar os devanditos sepulcros que aínda conteñen os restos, vestimenta incluída, dos primeiros Marqueses de Mos.