Non nos relaxemos. Unha semana despois de comezar a desescalada, Galicia aumenta o seu número de ingresados nos hospitais por COVID-19. Hai en total 398 persoas hospitalizadas, 319 en planta (17 máis que o día anterior) e 79 nas UCI (unha menos que o domingo).
Galicia ten actualmente 3.514 casos activos de coronavirus polo que continúa o descenso nesta terceira vaga. Segundo os últimos datos do Sergas, con 162 positivos menos ca onte. É a baixada máis reducida no último mes, debido a un descenso das altas (243). Detectáronse 88 novos positivos, 81 a través de PCR.
Por áreas sanitarias, o número de casos activos son:
A Coruña: 1.247 (-23)
Vigo: 606 (-25)
Pontevedra: 457 (-35)
Santiago: 387 (-18)
Lugo: 304 (-23)
Ferrol: 288 (-33)
Ourense: 225 (-5)
Soben as hospitalizacións
O Sergas notificou o pasamento de sete persoas por mor do coronavirus no país. Van 2.275 vítimas da pandemia.
Fixéronse 6.543 probas PCR, das que deron positivo só 81, case a metade só na área sanitaria da Coruña, que segue aínda a moita distancia en número de casos do resto. A positividade, pois, sitúase no 1,24 %.