martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia descarta flexibilizar os horarios da hostalería

Galicia descarta flexibilizar os horarios da hostalería

A situación epidemiolóxica mellora en Galicia pero non o suficiente para que a Consellería de Sanidade valore avanzar na desescalada e nunha flexibilización da hostalería. Avanzouno o conselleiro do ramo, Julio García Comesaña.

De cara á Semana Santa, a Xunta agarda a decisión do Consello interterritorial de Saúde o vindeiro mércores, no que espera que o Goberno logre un documento de medidas de consenso e homoxéneas.

Con todo, a Xunta adianta que permitirá a volta a Galicia dos estudantes, usando para iso o rexistro de viaxeiros existente.

Igualmente, Galicia avanzará nas probas diagnósticas cos test de saliva que realizan as farmacias que, ata agora, só se realizaban na provincia de Pontevedra.

Galicia reabriu este luns as áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra. Os seus concellos quedaron reabertos e pasan a depender só de si mesmos para as restricións.

Están actualmente illados con peche perimetral Soutomaior, Boborás, A Mezquita e a Pobra do Brollón. As persoas só poderán saír destes concellos por causas xustificadas.

En nivel alto están 13 concellos: Miño, Ponteceso, Sobrado, Arteixo, Ponte Caldelas, Cambados, Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Paradela, Mos, Cariño e Mugardos. Permítese a mobilidade entre eles, pero no se pode ir nin aos catro concellos con peche perimetral nin aos do resto de Galicia, que están co nivel medio.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS