sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasCovelo realiza tarefas de desbroce nos pasos de Lourido e As Pereiras

Covelo realiza tarefas de desbroce nos pasos de Lourido e As Pereiras

- Nestes días remátanse os traballos de limpeza de rutas de sendeirismo, Vía Mariana Luso Galaica e puntos de alto interese turístico

O Concello de Covelo continúa cos traballos de limpeza e mantemento das cinco rutas municipais de sendeirismo, dos dous tramos da Vía Mariana Luso Galaica ao seu paso polo concello e daqueles puntos de especial interese turístico e patrimonial.

Nestes días o Concello traballa no desbroce dos pasos de Lourido e As Pereiras, lugares moi visitados polos turistas e zonas ás que acude moita veciñanza a gozar da sombra e do baño no río. Para que todo o mundo poida apreciar o noso patrimonio histórico e cultural xa realizaron limpezas de maleza na ponte romana de Fofe e na capela e fonte de San Xoán Mosteirom tamén nas ruínas da antiga igrexa románica e convento de Casteláns, no lavadoiro de A Hermida, nos muíños de Portafurado e Fonte de A Pereiriña en Barcia de Mera, carballeira e casa do pobo de A Guía de Piñeiro, Serradoiro dos Carranos ou pasos de Transfontán en Maceira, entre outros puntos.

Tamén se manteñen limpas as rutas de sendeirismo, AQUA, Carranos, Poza Piñeiro, Foxo do Lobo e San Xoán Mosteiro, ademais dos dous tramos da Vía Mariana Luso Galaica ao seu paso por Covelo, A Franqueira- Covelo e Covelo-Estacas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS