Repartidas polas catro provincias, Galicia acollerá este 8 de Marzo máis de 80 concentracións autorizadas pola Delegación do Goberno. Convocadas pola plataforma Galegas 8M as reivindicacións son máis fortes aínda este ano ao agravarse a desigualdade entre homes e mulleres coa pandemia da COVID-19.
Ministra de Igualdade, Irene Montero:
O lema das marchas é «Sen coidados non hai vida» para reivindicar os traballos invisibles, ou invisibilizados, que recaen sobre as mulleres e que a pandemia precarizou aínda máis. As manifestacións da Coruña e Ourense arrancarán ás cinco; ás seis están previstas en Santiago e Vigo; en Ferrol, haberá concentración ás sete da tarde, e a de Lugo sairá ás oito.
Pola súa parte, a ministra de Igualdade, Irene Montero, aseguraba nas últimas horas que o feminismo está máis forte que nunca, pero que este ano non se medirá a súa fortaleza nas rúas por mor da pandemia.