sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda inaugura a exposición "Fotografía Viva" na Casa dos Alonso

A Guarda inaugura a exposición «Fotografía Viva» na Casa dos Alonso

- Permanecerá aberta ao público ata o 31 de agosto en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:30 h

Hoxe ás 12:00 h na sala de exposición da Casa dos Alonso, inaugurouse a exposición fotográfica. Foi un acto sinxelo onde o público puido apreciar de cerca as propostas dos
catro autores e conversar con eles.


Jaume Bonallach, Dionisio Ameal e José Carlos Castro (Lalo Rodríguez non puido asistir), coincidiron na idea de que a fotografía é un xeito de transmitir sensacións e mensaxes diferentes a cada persoa . Cada un amosa a súa visión, sexa en retrato ou paisaxe, empregando diferentes técnicas, o que aporta variedade e interese a esta ecléctica exposición.


Roberto Carrero, alcalde de A Guarda, manifestou o seu total apoio a este tipo de iniciativas poñendo en valor ao pobo da Guarda que ten una grande e variada canteira artística, como xa se ven amosando dende fai moitos anos, sendo obriga do Concello facilitar a labor dos artistas e darlles visibilidade con mostras coma esta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS