miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsA Xunta continúa a limpeza das marxes de estradas autonómicas nas 4...

A Xunta continúa a limpeza das marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias

- Estas intervencións enmárcanse no novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias de Galicia.

Na provincia da Coruña, avanzan as actuacións xa en marcha na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño.

Na provincia de Lugo, proseguen as tarefas na LU-540, ao paso polos municipios de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade; así como na LU-160, en Mondoñedo e no Valadouro.

Na provincia de Ourense, continuarán as intervencións en marcha na estrada OU-902, que comunica os municipios do Carballiño e O Irixo.

Na provincia de Pontevedra, proseguirán as obras en execución nas marxes da autovía AG-51, no concello de Salvaterra de Miño; na AG-56, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.

Seguridade viaria

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS