martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasNigrán non rexistra agora ningún positivo en COVID e Mos reduce a...

Nigrán non rexistra agora ningún positivo en COVID e Mos reduce a incidencia

Nigrán non ten ningún novo positivo en COVID-19 en 7 días e Mos, que continúa no nivel alto de restricións, baixa a incidencia.

 

Con todo, é o concello de Tomiño o que aumenta, aínda que dun xeito moi moderado, a súa incidencia a sete días. Unha inidencia que oscila agora entre os 10 e os 25 casos por cada 100.000 habitantes, moi lonxe da considerada de risco por Sanidade. Nesta mesma incidencia atópanse os concellos de Baiona, Salceda de Caselas, O Porriño e Mondariz, que baixan o número de novos casos diagnosticados en COVID-19 nunha semana e conseguen, así, unha mellor situación epidemiolóxica. Mantense A Cañiza.

O municipio nunha peor situación epidemiolóxica segue a ser Soutomaior. Con todo, o concello logra rebaixa a súa incdiencia a 7 días con non máis de 125 casos por cada 100.000 habitantes. Na xornada anterior, superábaos. Mos, a única localidade das comarcas no nivel alto de restricións, tamén mellora os datos en relación á COVID-19 pois a súa incidencia non supera agora os 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. En ambos municipios a incidencia a 14 días segue a situarse na considerada de risco por Sanidade: máis de 250 casos por cada 100.000 habitantes.

Tui, Vigo, Redondela, O Covelo, As Neves, Mos e Ponteareas rexistran unha incidencia non superior aos 75 casos por cada 100.000 habitantes a sete días. Destes concellos, o que conta cunha mellor situación epidemiolóxica a dúas semanas é o de Ponteareas ao non superar a indencia dos 50 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días.

Deste xeito, a meirande parte dos municipios das comarcas rexistra unha incidencia inferior aos 10 casos por cada 100.000 habitantes con ningún positivo entre a súa veciñanza nunha semana. No Val Miñor, Gondomar e Nigrán; no Baixo Miño Oia e O Rosal; na Área, Fornelos de Montes e na Paradanta, Fonrelos de Montes. A Guarda, nesta mesma incidencia, conta con enter un e 9 positivos entre a súa veciñanza nunha semana.

Precisamente, O Condado- Paradanta é a que conta con  máis municipios libres de COVID-19: Crecente, Arbo, Salvaterra de Miño e Mondariz-Balneario. Cómpre lembrar que no inicio de febreiro deste mesmo ano a incidencia destes municipios superaban os 1.000 casos por cada 100.000 habitantes.

Os concellos libres de COVID-19, con ningún positivo nin en 7 días nin en 14 son: Oia, Crecente, Arbo e Salvaterra de Miño, segundo a última actualización do SERGAS

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS