domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsCovelo pon en marcha un servizo de conciliación para a primeira semana...

Covelo pon en marcha un servizo de conciliación para a primeira semana de setembro

- Aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación para a atención de crianzas na semana do 1 ao 8 de setembro

O Concello de Covelo informa que ten aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación dirixido ás familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos para cubrir a súa atención matinal na semana do 1 ao 8 de setembro.

Todas aquelas familias que teñan dificultade en conciliar a vida familiar e laboral na primeira semana de setembro poderán inscribirse neste servizo que atenderá ás pequenas e pequenos de 08:30 a 14 horas. O prazo de inscrición remata o vindeiro 22 de agosto. As persoas que desexen asesoramento deberán contactar cos servizos sociais municipais no número de teléfono 986 65 00 27 extensión 3.

Esta actividade está financiada pola Deputación de Pontevedra e por fondos procedentes do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, do Ministerio de Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS