domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos incorpora unha logopeda máis o servizo de atención temperá

Mos incorpora unha logopeda máis o servizo de atención temperá

- Con esta nova traballadora o programa suma 4 profesionais que prestan axuda a máis de 100 familias mosenses e da contorna

Os tenentes de alcaldesa do Concello de Mos, Camilo Grandal e Leo Costas, visitaron esta mañá o Servizo de Atención Temperá que se desenvolve nas instalacións da ludoteca de Louredo (antigas Ecolas Unitarias), que vén de incorporar unha nova logopeda á súa plantilla, sumando un total de 4 traballadoras: 1 psicóloga, 2 logopedas e 1 fisioterapeuta. O devandito servizo municipal conta con subvención autonómica anual que financia o 90% do custe do servizo, o que supón unha aportación económica da Xunta de Galicia a través da consellería de Política Social de máis de 100.000 euros, aportando o Concello de Mos con fondos propios o 10% restante do orzamento anual total. Esta axuda enmárcase nas subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede Galega da Atención Temperá cofinanciadas pola Unión Europea.

O Servizo de Atención Temperá en Mos resulta moi importante e leva tido unha moi boa acollida desde a súa posta en marcha. Xa é o 5º ano de prestación de servizo desde que se creou. Precisamente nestes momentos atópase en pleno procedemento de licitación o novo contrato da empresa concesionaria do servizo, sendo hoxe o último día para a presentación de ofertas. O importe anual do contrato ascende a 147.110,31 euos.

En Mos benefícianse deste servizo nenos e nenas de 102 familias mosenses e da contorna. O obxectivo deste programa municipal de Atención Temperá é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Na unidade de Atención Temperá do Concello de Mos, desenvólvese unha destacable e importante labor por parte dos profesionais que alí traballan, para axudar ás familias do municipio de Mos e da súa contorna. Existe un importante vínculo de traballo entre o Servizo de Atención Temperá, o Centro de Saude, as Escolas Infantís e os centros educativos mosenses.

As nenas e nenos que acoden a este centro melloran a súa autonomía e calidade de vida grazas a un asesoramento individualizado e adaptado ás súas necesidades.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS