O centro escolar vén sufrindo problemas de humidades e filtracións na fachada traseira do edificio por mor de tratarse da zona que soporta con maior fustrigación as choivas, polo que a intervención céntrase en repoñer os danos e protexer o centro fronte ás condicións climáticas adversas. Para iso, procederase á apertura das gretas nos dinteles das xanelas afectadas e as unións das xuntas do ladrillo na parte superior das mesmas. Trátase dunha reparación de gretas e rejunte do morteiro do ladrillo caravista mediante a aplicaciónn de morteiro sen retaracción deixando a superficie completamente saneada. Así mesmo, procederase á aplicación dun produto hidrófugo a todo o pano do ladrillo caravista tratado. En canto á zona de pintura, procederase tamén á reparación das gretas e fisuras mediante morteiro sen retracción. Sumado a isto, procederase á aplicación dunha man de imprimación para mellorar o agarre das pintura e aplicaranse dúas mans de pintura elástica en cor branca a todo o pano tratado, para finalizar as actuacións coa selaxe a carpintería de aluminio polo exterior. Trátase duns traballos de impermeabilización moi importantes que poñerá fin a esta problemática reducindo a humidade nesta área do edificio. Esta mellora da edificación do colexio supón un investimento de fondos propios da Concellería de Educación de contorna a 4.500 euros.
A nova Concelleira de Educación do Concello de Baiona, Nuria Lenda Gómez, recentemente chegada ao cargo, reuniuse co equipo directivo do centro educativo para coñecer de primeira man as necesidades do colexio. As obras que se están executando responden a continúalas demandas por parte da dirección do colexio e do seu consello escolar a esta problemática. O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Alumíña, indicou que “esta actuación, da que se beneficiarán os preto de 100 alumnas e alumnos matriculados neste centro, enmárcase na política de conservación e mantemento dos colexios públicos de propiedade municipal do novo equipo de goberno que xa está a poñer en marchase varias actuacións nos centros educativos de fronte ao comezo do novo curso escolar en setembro”.