lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoEste sábado celebrase a terceira edición do Torneo de Petanca da Guarda

Este sábado celebrase a terceira edición do Torneo de Petanca da Guarda

- Sábado 19 de agosto no Parque Deportivo O Codesal

As Pistas Deportivas do Codesal acollen na xornada deste sábado día 19 de agosto terceira edición do Torneo de Petanca Concello da Guarda, un evento deportivo na modalidade de dupletas promovido dende o clube local O Caldeiro e o Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes.

Unha xornada de deporte e lecer que arrancará ás 8:30h da mañá e se estenderá ata 20:45h cando terá lugar a entrega de premios e na que participarán máis de medio cento de equipos de toda Galicia, baixo o convite lanzado dende o Clube de Petanca O Caldeiro, que conta xa con 27 deportistas federados.

O deporte da Petanca ten experimentado nos últimos anos un gran incremento de xogadores e de competicións, o que motivou a que o Concello da Guarda apostase pola mellora das infraestruturas deportivas na zona do Codesal, onde o Clube Local desenvolve os seus adestramentos e competicións, sendo un dos clubes con máis deportistas federados.

Agárdanse un total de 56 equipos de Petanca de toda Galicia, cun aproximado de 150 xogadores e xogadoras.

As instalacións de O Caldeiro na zona do Codesal son unas das mellores instalacións para a práctica da Petanca de toda Galicia, nas que se teñen realizado numerosas melloras nos últimos anos para contar na actualidade cun total de 28 pistas, sistema de alumeado, auga, almacéns, vestiarios, aseos, entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS