Falta só unha semana para que den comezo os actos e actividades da Festa do Viño
do Condado do Tea e nesta a sexaxésimo cuarta edición a persoa encargada de dar
lectura ó pregón será o recoñecido humorista e presentador Roberto Vilar.
A festa, declarada de interese turístico de Galicia, celebrarase este ano os días 25, 26
e 27 de agosto no recinto amurallado e contará con actividades e música nun
programa que darase a coñecer nos próximos días.