sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Concello do Rosal destina 10.000 euros a entidades sen ánimo de...

O Concello do Rosal destina 10.000 euros a entidades sen ánimo de lucro

- Xa está aberto o prazo para concorrer a estas axudas para proxectos de inclusión e intervención social e actividades socioculturais

O Concello do Rosal anuncia a convocatoria de subvencións por concorrencia competitiva a entidades sen ánimo de lucro que desenvolven proxectos sociais no municipio. O orzamento total para estas axudas é de 10.000€.

Poden ser beneficiarios destas axudas proxectos de inclusión social; proxectos de intervención co colectivo de persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional; e proxectos para a realización de actividades socioculturais para a poboación en xeral.

Con estas subvencións, o Concello apoia os proxectos que se desenvolven a nivel local que teñen como propósito a mellora nas condicións de vida da veciñanza e o fortalecemento da participación cidadá.

Esta convocatoria está publicada na web do Concello e as solicitudes deben ser presentadas na Sede Electrónica do Concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS