Cristina Cid Alcaldesa de Allariz, Alberto Conde Concelleiro de Cultura, Carlos Puga Concelleiro de Deportes e María López Concelleira de Turismo, contaronnos que este ano o programa comeza co Campionato de Billarda. O venres pola mañá será a quenda da Billarda Infantil a partir das 11:00h e pola tarde a final da Billarda Senior que comezará ás 19:00h. A billarda é un xogo tradicional do que nunca se perdeu a tradición en Allariz e que segue captando adeptos ano tras ano entre as xeracións máis novas.
O día 19 de agosto comeza coa XXXI edición do Triatlón Vila de Allariz a partir das 18:00h na Alameda. 150 deportistas federados competirán na proba alaricana que neste ano cumpre 31 edicións . O prato forte da festa chegará esa mesma tarde noite a partir das 21:00h, coas Xornadas gastronómicas de degustación de empanada nos Xardíns do Museo do Coiro.
A música para amenizar as xornadas comezará ás 22:00 co concerto de Catuxa Salom e ás 00:00h cos Monolious DOP.
O domingo día 20 pola mañá pasacalles a cargo da Banda Unión Musical de Allariz. A mesma hora dará comezo a XXXIII Regata de Piragüismo, liga provincial- Copa Deputación dende o embarcadoiro da Alameda.
Ás 12:00h será a quenda do tradicional desfile de xigantes e cabezudos acompañados do grupo de gaitas De Pé Feito cun percorrido dende a Praza de Abastos ata o Campo de Vilanova.
Dende as 11:30h será a Festa Campestre tamén no Campo de Vilanova con entrada gratuíta onde haberá polbo e churrasco.
A Banda Unión Musical de Allariz volverá a animar a festa no Campo de Vilanova a partir das 13:00h.
Xa pola tarde ás 18:00h sera a presentación do C.D Allariz cun partido contra o Verín C.F no campo do Seixo. A partir das 19:30h voltará a música da man de A Banda da Loba no Campo de Vilanova e pouco despois Baile popular ás 21:00h nos Xardíns do Museo do Coiro coa
Orquestra Trebol. Para rematar esta gran festa esta mesma orquestra ás 00:00 amenizará a noite nunha verbena que pechará os festexos.
Música, deporte e gastronomía da man nunha fin de semana na que nos locais de hostelería, pastelerías e panaderías haberá venda de empanadas. Unha chea de actividades para desfrutar desta fin de semana de festa en Allariz.