jueves, diciembre 26, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Concello de Nigrán promovera a Festa dos Ovos con Chourizo como...

O Concello de Nigrán promovera a Festa dos Ovos con Chourizo como de «Interese Gastronómico Galego»

- "A festa dos ovos con chourizo é a única festa gastronómica de Nigrán que se mantivo no tempo gañando cada vez máis público ata ser unha das máis populares da comarca, polo que consideramos que merece ser declarada de 'Interese Gastronómico Galego'", explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Deportivo ‘Bolos da Carrasca’ para organizar a súa ‘XXVIII Semana Cultural’ que arranca hoxe e que ten o seu día grande o venres 11 de agosto coa undécima festa dos ovos con chourizo, evento gastronómico que o goberno local promoverá para que obteña o distintivo de ‘Interese gastronómico galego'». Ese día, a partir das 21:30 horas, unha trintena de persoas da entidade estarán a traballar para poder ofrecer 1.500 racións nunha praza da Carrasca totalmente preparada para a ocasión e cuberta por paraugas de cores grazas á colaboración de Juan Alves e o Queimada.

«A festa dos ovos con chourizo é a única festa gastronómica de Nigrán que se mantivo no tempo grazas precisamente a unha entidade cultural e gañando cada vez máis público ata ser unha das máis populares da comarca, polo que consideramos que merece ser declarada de ‘Interese Gastronómico Galego’, unha distinción que podería obter a partir de cumprir os 15 anos», explica o alcalde, Juan González, quen avanza que desde o Concello xa se está a traballar nese sentido.

A semana cultural arranca hoxe a partir das 21:30 horas co concerto das corais ‘Son dos cantares de Mos’, ‘Polifónica Lira de San Miguel de Oia’ e ‘Ecos do Castelo’. O mércores, o Concello ofrece polo Día da Xuventude a actuación do grupo San Rockers ás 21:30 horas. Xa o xoves, ‘Día do Neno’, a partir das 17:30 horas, o Concello achega o espectáculo do Mago Charlie Braun ao que se lle sumarán hinchables e festa da escuma. Finalmente, o venres será a festa dos ‘Ovos con Chourizo’ coa actuación do grupo ‘Os Alegreso do Val Miñor’, tamén aportación do Concello.

«Desde o Concello transmitimos os nosos parabéns ao Centro Cultural A Carrasca polo seu traballo incansable durante todo o ano que contribúe a dinamizar a vida cultural e social da parroquia», explica González, quen incide en que o goberno local ven de aprobar unha subvención directa de 30.000 € para facer accesible a súa sede, que dispón do auditorio no terceiro andar ao que, a día de hoxe, só se pode chegar por escaleiras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS