viernes, diciembre 27, 2024
InicioNewsComarcasCinco concellos das comarcas baixan a incidencia a sete días

Cinco concellos das comarcas baixan a incidencia a sete días

O Porriño, Tomiño, Pazos de Borbén, Mondariz e Salceda de Caselas baixan a incidencia acumulada a 7 días en relación aos novos casos en COVID-19 entre a veciñanza.

É importante este dato posto que Sanidade terá agora en conta a incdiencia acumulada a unha semana para tomar a deición de restrinxir, ou non, a mobilidade e os aforos da hostalería, entre outras cuestións, nos concellos galegos. Será así «como medida previsora» segundo apuntou onte o conselleiro, Julio García Comesaña, na conferencia de prensa na que deu conta das novas medidas para facer fronte á COVID-19 na comunidade.

 No caso do Porriño, a incidencia non supera agora os 75 casos por cada 100.000 habitantes ao rexistrar 3 positivos menos que onte, segundo o SERGAS. En Tomiño, non son máis de nove contaxios nunha semana entre os seus veciños e veciñas polo que a súa incdiencia é menor a 10 casos por cada 100.000 habitantes. Salceda de Caselas non supera agora os 25 casos por cada 100.000 habitantes cando, na xornada anterior, si os superaba. Comparte incidencia co concello de Nigrán. 

Pazos de Borbén e Mondariz, dous dous concellos que a partir do venres estarán no nivel alto de restricións, baixan tamén a incidencia acumulada a 7 días. Ningún supera agora os 125 casos por cada 100.000 habitantes. Na anterior actualización do SERGAS, chegaban aos 250, Comparten incdiencia con Fornelos de Montes e Redondela.

Así todo, Mos é o municipio das comarcas cunha peor situaicón epidemiolóxica ao continuar na incdiencia de risco a unha semana. Con todo, descende en seis positivos menos diagnosticados menos que onte, segundo os datos de Sanidade.

Os demais concellos as bisbarra sitúanse, a maioría, nunha incdiencia inferior os 75 casos por cada 100.000 habitantes: A Guarda, Baiona, Tui, Vigo, As Neves, O Covelo, Ponteareas e O Porriño.

Arbo, Crecente e Mondariz Balneario seguen libres de COVID-19. O Rosal, Oia, Tomiño, Gondomar, Salvaterra de Miño e A Cañiza sitúanse nunha incidencia inferior os 10 casos por cada 100.000 habitantes a 7 días.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS