O Concello de Allariz, en colaboración co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar asinaron un convenio de actuacións de melloras por valor de 50.000€ co obxectivo de crear un espazo que cubra as necesidades da escola. Durante as reformas levaranse a cabo as seguintes obras:
Renovación do pavimento do centro escolar estragado polo uso. Tamén se renovará a carpintería de diferentes zonas, repintarase a escola, reformarase baños e a distribución de diferentes espazos.
Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, compartiu o seu entusiasmo polo proxecto: «O noso compromiso coa educación dos nosos nenos é inquebrantábel. Estas melloras na Escola Infantil de Allariz reflicten a nosa dedicación para proporcionar un ambiente educativo excepcional que garanta a calidade do espazo escolar das nosas crianzas de 0 a 3 anos».
Así mesmo o xerente do Consorcio Galego, Perfecto Rodríguez, durante a visita polas diferentes estancias do centro, comprobou que as melloras son necesarias para o bo funcionamento do centro.
As obras de mellora estanse a realizar coincidindo co peche do centro por vacacións polo que para inicio de curso esta previsto que o alumnado poida desfrutar xa dos novos espazos renovados.