viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsEmpresaPorriño bonificara ata o 95% no ICIO e no IAE os empresarios...

Porriño bonificara ata o 95% no ICIO e no IAE os empresarios e autónomos que aposten polo Porriño

- O pleno da corporación aprobou inicialmente, cos votos a favor do Goberno Municipal, a modificación das ordenanzas fiscais que regulan estes impostos que permitirá aplicar rebaixas para promover a implantación e fixación de empresas no Porriño e obter a declaración de Concello Emprendedor

Os autónomos e empresarios que aposten polo Porriño para desenvolver a súa actividade produtiva poderán beneficiarse de bonificacións de ata o 95% no IAE e no ICIO.

O Goberno Municipal levou a pleno este luns a modificación das dúas ordenanzas fiscais que regulan estes impostos, co fin de promover a implantación e fixación de empresas no municipio e impulsar a actividade económica. Unha vez aprobadas inicialmente en sesión plenaria, co único voto a favor do Goberno Municipal, estes acordos levaranse a exposición pública para poder aprobarse definitivamente e entrar en vigor.

No tocante ao Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) inclúese unha bonificación 35% da cota ás empresas que utilicen ou xeneren enerxía renovable, un 40% ás que instalen puntos de recarga para vehículos eléctricos e bonificacións de ata un 95% para aquelas que creen emprego (95% para as que impulsen máis de 20 postos de traballo, 75% entre 11 e 20 e 50% para os que creen ata 10 postos de emprego).

Respecto do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras aplicarase unha bonificación do 95% da cota ás obras que sexan declaradas de “Especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego”; do 50% pola posta en marcha de proxectos empresariais de interese municipal e do 30% para a instalación de aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxía solar, que será do 95% no caso de uso residencial.

Esta medida beneficiará ao conxunto da veciñanza e permitirá ao Porriño adquirir a condición de Concello emprendedor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS