sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcas7 cativos saharauís pasarán o verán en Mos

7 cativos saharauís pasarán o verán en Mos

- O Concello de Mos participa no programa Vacacións en Paz organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui desde fai moitos anos.

Hoxe recibiuse no Concello de Mos aos 7 nenos e nenas saharauís que pasan
as súas Vacacións en Paz en Mos. Trátase de Sara, Galia, Jadiya, Mulay,
Muna, Salem e Marua, que gozan do verán con familias mosenses de acollida
das parroquias de Louredo, Dornelas, Pereiras, Cela, Guizán e Mos.


Foron recibidos pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense
de Política Social, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal.
Os cativos asentados en Mos durante o verán poderán gozar do Campamento
Municipal Infantil ‘Mañás de Verán’ así como saídas á piscina ao aire libre de
San Eleuterio, entre outras iniciativas organizadas polo Concello.

“Fai moita falla que poidan saír dos campamentos o maior número de nenos
posibles, xa que están a pasar por momentos moi duros, con moita falla de
axuda humanitaria. Coa acollida as familias poderán darlles unha alternativa
para evitar a súa estancia nos Campamentos durante os meses de xullo e
agosto, por teren as temperaturas máis altas (máis de 50 °C), facilitar a
asistencia sanitaria e de alimentación, e promover os valores de solidariedade
entre o Pobo Galego e o Pobo Saharauí”, declarou a este respecto a
concelleira de Política Social, Sara Cebreiro.


É xa histórica a estadía dos/as nenos/as saharauís que pasan a tempada
estival no municipio de Mos grazas ao programa Vacacións en Paz promovido
pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.


Desde sempre, e igualmente este ano como non podía ser doutro xeito, os
cativos saharauís poden participar ao longo de todo o verán en iniciativas
organizadas pola administración local como o campamento infantil estival
Mañás de Verán, así como coñecer a piscina ao aire libre de San Eleuterio,
acudir a festividades e actividades municipais, deportivas, etc.

Asistencia médica


Un dos principais obxectivos do programa Vacacións en Paz é a asistencia
médica dos nenos e nenas saharauís que veñen en acollida durante o verán.
Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauís recén chegados
poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se lles poñen as
vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a
atención sanitaria a estes nenos e nenas que non poden acceder á mesma no
seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta
iniciativa solidaria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS