“Gondoverán” é un programa de lecer e tempo libre preferentemente para fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables, xestionado pola Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller.
Nesta nova edición participaron 70 rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos.
Ademais de diferentes actividades educativas e de lecer as rapazas e rapaces participantes fixeron varias saídas e excursións. Así visitaron, entre outros, lugares Chan da Lagoa onde pasaron toda a mañá, fixeron actividades e xogos de auga, traballaron o medio ambiente, a igualdade, resolución de conflitos, alimentación saudable e realizaron tamén unha pernocta.
O alcalde Paco Ferreira, acompañado da tenente de alcalde Nuria Lameiro visitou este luns a clausura deste campamento, para saudar as nenas e nenos participantes que ademáis tiñan preparada unha coreografía especial para esta ocasión.
O rexedor destacou a importancia deste tipo de campamentos “para facilitar a conciliación das familias no periodo de vacacións escolares, e tamen para que as nenas e nenos poidan seguir co seu proceso educativo e de socialización nun entorno de lecer”.
O alcalde aproveitou tamen a ocasión para felicitar aos monitores “pola sua magnifica labor, recoñecida polos propios nenos e nenas participantes así como polos pais en nais, e a mellor demostración é que moitos deles repiten ano tras ano”.