sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA Biblioteca Municipal Luís Seoane, en Soutomaior, recibe por terceiro ano consecutivo...

A Biblioteca Municipal Luís Seoane, en Soutomaior, recibe por terceiro ano consecutivo o premio María Moliner

- A biblioteca municipal Luis Seoane recibe por terceiro ano consecutivo o premio María Moliner de animación á lectura en municipios de menos de 50.000 habitantes

A biblioteca municipal Luis Seoane de Soutomaior vén de recibir por terceiro
ano consecutivo un dos premios María Moliner para a animación á lectura en
municipios de menos de 50.000 habitantes. O galardón, entregado polo Ministerio de
Cultura e Deporte, recoñece o labor realizado durante todo o ano polo servizo
bibliotecario municipal do Concello de Soutomaior.


A biblioteca municipal presentábase este ano co programa “Biblioteca inclusiva.
Biblioteca aprendendo día a día”. A aprendizaxe ao longo de toda a vida é a máxima
que a biblioteca municipal quixo transmitir nesta edición, dende un espazo de acceso
libre, democrático e igualitario de encontro entre as diferentes xeracións. Para alcanzar
este obxectivo implementáronse pequenos proxectos dentro da Axenda 2030 da ONU,
como por exemplo: sesións de alfabetización dixital para persoas adultas, sesións de
lectura para persoas maiores e sesións de intercambio de coñecementos musicais;
aulas de apoio e reforzo educativo; distintos tipos de clubs de lectura: en francés,
castelán, galego, club de lectura fácil; celebración de datas importantes relacionadas co
mundo do libro, exposicións, charlas con autores; achegamento da lectura fóra da
propia biblioteca (Bibliofogar)…


O premio non só é un recoñecemento á suma de actividades que se fan ao longo
do ano na Biblioteca Municipal Luis Seoane, senón que tamén é un recoñecemento ás
persoas usuarias do servizo que o fan posible día a día.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS