viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoGondomar inviste máis de 26.000 euros en melloras no Auditorio Municipal Lois...

Gondomar inviste máis de 26.000 euros en melloras no Auditorio Municipal Lois Tobío

- O Concello de Gondomar mellora os sistemas de audio, iluminación e video do Auditorio Municipal Lois Tobío cunha inversión de máis de 26.000 euros

O Concello de Gondomar ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia
ao amparo dos fondos europeos Next Generation e dentro do Plan de
Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España, por un
importe de 26.045,08 € para a modernización dos sistemas de audio e video do
Auditorio Municipal Lois Tobío.

Con esta reforma o Auditorio Municipal contará cos máis avanzados sistemas
de audio, vídeo e iluminación de última xeración, o que permitirá ademais dun
importante aforro enerxético, a representación de espectáculos culturais con
maiores niveles de exixencia técnica, o que converterá sen dúbida ao Lois
Tobío nun dos auditorios máis equipados tecnicamente, o que suporá tamén
unha mellora na súa polivalencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS