Sanidade decreta o nivel alto de restricións en Mos, Pazos de Borbén e Mondariz mais na actualización do SERGAS , os dos últimos logran rebaixar a incidencia a 14 días.
Así, Pazos de Borbén e Mondariz baixan a súa incidencia acumulada en dúas semanas, segundo os datos facilitados por Sanidade, que vén de decretar o nivel alto nestes concelos. Con todo, na nova actualización, Pazos de Borbén e Mondariz non superan agora os 250 casos por cada 100.000 habitantes e no caso deste último non supera os 150 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. Pola contra, o concello de Mos, que tamén pasará ao nivel alto a partir do venres, continúa na súa incidencia superior os 250 casos por cada 100.000 habitantes.
A maioría dos concellos das comarcas atípanse na incdiencia inferior aos 150 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días: A Guarda, Baiona, Vigo, As Neves, Salceda de Caselas, Tui, Ponteareas, Redondela, Fornelos de Montes, Oia, Nigrán e Tomiño.
Nunha mellor situación epideiolóxica, están os concellos de Arbo e Crecente pois non rexistran ningún positivo en COVID-19 en dúas semanas nin en sete días e, no caso da Cañiza, tampouco conta con ningún novo conaxio entre a súa veciñanza na última semana. Así logra rebaixar a súa incidencia a non máis de 50 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, segundo o SERGAS.
O Rosal, Oia, Salvaterra de Miño e Gondomar non rexistran ningún novo positivo en COVID-19 entre os seus veciños e veciñas en sete días e non superan a incidencia dos 25 casos por cada 100.000 habitantes, agás Oia, que supera os 50 a dúas semanas.
Redondela, Fornelos de Montes e O Porriño, en comparación coas demais comarcas, teñen unha incidencia máis elevada ao superar os 75 casos por cada 100.000 habitantes.
O Comité Clínico decidiu baixar de nivel de restricións a Redondela e Oia.