Na xornada do martes 18 de xullo, un dos tres médicos que prestan os seus
servizos no centro de saúde de Mondariz, foi desprazado ó centro de saúde
de Salvaterra para cubrir ausencias de persoal de dito centro. «Os pacientes
citados miraron canceladas as súas citas, sen saber para cando poderán ser
recitados. As urxencias e trámites burocráticos que non poden ser aprazados,
como partes de baixa, controis de Sintrom, foron atendidos polo persoal do
Centro, incrementando a xa considerable sobrecarga asistencial habitual, en
un centro con poboación moi envellecida e maior con moita patoloxía e con
asistencias diarias en domicilios. A día de hoxe seguimos sen resposta e sen
solución», din dende o Concello.
Tamén engaden que dende este luns 24 de xullo ata o día 14 de agosto, o centro
de saúde de Mondariz carece de servizo de pediatría, e se xorde algunha
urxencia, hai que desprazarse ata o centro de saúde de Salvaterra que está a
30 minutos do centro de saúde de Mondariz, quedando sen poder axendar as
revisións pediátricas do Programa do Neno San e as consultas.
Por iso dende o concello de Mondariz solicitan unha substitución na súa
totalidade do persoal para poder prestar con garantías e eficiencia unha
atención primaria adecuada á poboación de referencia, posto que esta
desorganización e falta de previsión, tradúcese en non poder concertar citas,
en consecuencia, danar á atención adecuada ó paciente e usuarios