viernes, septiembre 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui recibe o neno e a nena saharauí que pasaran o verán...

Tui recibe o neno e a nena saharauí que pasaran o verán na localidade

- Esta mañá foron recibidos polo alcalde na casa do concello xunto ás súas familias

Sahla Abba-Lehbib Bahía e Yusef Abderrahman Sluj son a nena e o neno sasharauí que pasarán o verán en Tui, no seo de dúas familias acolledoras, dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Tras chegar o pasado día 17 a Galicia hoxe foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros do equipo de goberno, que os agasallaron con distintos xogos.

Yusef é o segundo ano que vai compartir estes meses de verán cunha familia tudense, mentres que Sahla é a primeira vez que participa nesta programa, no que unha irmá súa estivo tamén con anterioridade en Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deulles á benvida á cidade desexándolles que pasen un bo verán desfrutando de actividades propias desta época coma a praia e a piscina. Amosou amais o rexedor o seu agradecemento ás dúas familias acolledoras por sumarse a este programa permitindo que estes cativos poidan pasar os meses de xullo e agosto lonxe das extremas temperaturas que no verán hai nos Campamentos de Refuxiados. Durante a súa estadía, até o 2 de setembro, Shala e Yusef, aproveitarán tamén para mellorar o seu castelán, pasar revisións médicas e sobre todo gozar do tempo de convivencia e lecer coas súas familias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS