A Policía Local de Mos informa de que a patrulla de axentes de servizo esta mañá realizou, ás 10:50subtraído horas, a localización, na parroquia de Sanguiñeda, dun vehículo subtraído.
O coche atopábase nas inmediacións do parque infantil de Sanguiñeda e a discoteca Queen, xunto á Avenida de Sanguiñeda, cando os policías locais de servizo procederon a
consultar a matrícula do mesmo, comprobando que se trataba dun vehículo sobre o se se cursara denuncia por roubo.
Tras ser recuperado, fíxoselle entrega do turismo á propietaria titular do mesmo e denunciante da subtracción.