O autobús de Lab Emprende, o proxecto educativo itinerante promovido pola Fundación La Caixa a través de EduCaixa, fixo escala no Porriño, incluíndo a nosa vila no percorrido que está realizando por diferentes localidades de España, para que pequenos e maiores, principalmente mozos, coñezan o mundo do emprendemento.
Para iso utilizan as últimas tecnoloxías, creando un espazo multimedia con diferentes actividades interactivas, que poñen de manifesto o proceso do emprendemento, as súas características e os valores dunha actitude emprendedora.
A concelleira de Educación, Carolina González, visitou a unidade móbil esta mañá para coñecer de primeira man como se desenvolve esta actividade que conta coa colaboración do Concello do Porriño.
O espazo interior de este bus comprende cinco ámbitos de experimentación: Emprender é unha actitude; Somos emprendedores; Mira. Aprende a observar; Pensa. Solucións innovadoras; Fai. Da idea ao negocio e Empeza. Si queres, podes.
Ao LabEmprende poden subirse principalmente mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos.
“É unha proposta moi interesante que permitirá aos mozos e mozas estimular novas formas de pensar e de actuar, permitíndolles desplegar os seus talentos e potenciais”, apuntou a concelleira, “Por iso convido á mocidade a visitar este bus e descubrir todo o que lles pode ofrecer”.