sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsIniciadas as obras de mellora do firme da PO-400 o seu paso...

Iniciadas as obras de mellora do firme da PO-400 o seu paso por Arbo, Crecente e As Neves

- As actuacións contan cun prazo de execución de 9 meses e consisten na rehabilitación da capa de rodaxe, o acondicionamento de interseccións ou a mellora da drenaxe en distintos puntos da vía autonómica ao paso por estes tres concellos

A Xunta iniciou hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-400 ao paso polos concellos da comarca do Condado-Paradanta de Arbo, As Neves e Crecente. As actuacións suporán un investimento de 3,3 millóns de euros.

As intervencións céntranse na renovación do firme da calzada de distintos treitos da estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 8+700 e 12+660, ao seu paso polo concello das Neves; do quilómetro 12+660 ao 17+800 e do 19+300 ao 24+800, no municipio de Arbo; e dos puntos quilométricos 24+800 ao 28+000, en Crecente.

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 9 meses, comprenden o fresado e reposición do firme das zonas localizadas que se atopen deterioradas e o recrecido nalgúns treitos.

Tamén se levará a cabo o acondicionamento das interseccións arredor dos quilómetros 13+900 e 17+500, coa incorporación dun carril central para facilitar os desvíos.

Acometerase, ademais, a reparación puntual da sección transversal en distintos puntos para mellorar a capacidade de drenaxe.

Por último, procederase á reposición das marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito da actuación e á colocación de captafaros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS