domingo, noviembre 24, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboRueda recorre un tramo do Camiño de Santiago con descendentes de emigrantes...

Rueda recorre un tramo do Camiño de Santiago con descendentes de emigrantes galegos

- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, percorreu esta mañá un treito do Camiño Portugués pola costa acompañado de mozos galegos do exterior que están a participar nas actividades do programa Conecta con Galicia

Nesta iniciativa, que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, están a participar 50 mozos e mozas de entre 18 e 20 anos procedentes de países como A Arxentina, Brasil, Cuba, O Uruguai ou Venezuela.

O programa ten como finalidade facilitar o contacto coa cultura e xeografía galegas por parte da mocidade da Galicia exterior. Así, desde o 21 e ata o 30 de xullo realizaranse diferentes tramos do Camiño de Santiago Portugués e da Costa ata Compostela, así como actividades orientadas a coñecer a historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS