Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), que depende do Ministerio de Transportes, analiza co concello da Guarda e co do Rosal un polígono industrial compartido.
Falamos, nos Informativos de Si Radio, co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, sobre o proxecto do SEA, que se recupera agora logo de 17 anos «sen ningún avance», segundo apunta o rexedor, de crear un polígono industrial de 270.000 m2 compartido no barrio da Gándara. Entre os obxectivos, destaca o afianzamento da poboación moza ao territorrio, competir co norte de Portugal «e non depender tanto da hostalería», tal e como o di Lomba.