viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaA Delegada da Xunta visita Mos

A Delegada da Xunta visita Mos

- A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este venres unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área

A representante autonómica xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña e O Porriño despois de dirixirse por carta a todos os alcaldes da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.

Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS