sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsA terraO Rosal ofrece visitas guiadas de balde aos muíños este verán

O Rosal ofrece visitas guiadas de balde aos muíños este verán

- O Museo do Cabaqueiro tamén estará aberto ao público para visita libre previa solicitude os xoves de xullo e agosto

O Rosal continúa achegando a súa contorna natural, o seu patrimonio cultural e etnográfico e a súa historia a veciñanza e visitantes. O Concello ten en marcha visitas guiadas aos muíños do Folón e do Picón, rutas de balde e abertas a todos os públicos que se celebrarán todos os xoves dos meses de xullo e agosto.

Estas visitas guiadas terán horario de tarde, saíndo ás 19.00 horas da área de recepción dos muíños. Dende o Concello recoméndase a todas as persoas participantes que acudan con auga e calzado cómodo e apropiado.

Por outra parte, o Museo do Cabaqueiro tamén estará aberto ao público para visitas libres previa solicitude todos os xoves dos meses de xullo e agosto. As persoas interesadas poderán achegarse a este museo situado na planta baixa da Cámara Agraria, na rúa Ramón Franco, 2, de 11.00 a 13.00 horas.

As persoas interesadas en participar tanto nas visitas guiadas aos muíños como en coñecer con visita libre o Museo do Cabaqueiro deberán enviar un correo electrónico a visitasguiadas@orosal.gal ou chamar aos teléfonos 986 62 50 00 ou 682 19 48 72.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS