Esta mañá os alcades de Covelo, A Cañiza, Arbo e Salvaterra de Miño mantiveron unha reunión coa subdelegada do goberno de Pontevedra Maica Larriba á que lle amosaron a súa preocupación ante a redución do horario de atención ó público dos cuarteis da Garda Civil. Unha medida que entrou en vigor no mes de xullo e que reduce a tres días a atención ó público os cuarteis dos concellos de A Cañiza e Salvaterra de Miño e a dous días ós de Covelo e Arbo.
Os catro alcaldes coincidiron en que este axuste de recursos, que repercute nos concellos máis pequenos do rural, non é máis que unha diminución dun servizo de vital importancia para os nosos veciños e veciñas e por iso urxen o Goberno unha solución.