sábado, noviembre 23, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboMozos e mozas descendentes de galegos percorreran o Camiño de Santiago

Mozos e mozas descendentes de galegos percorreran o Camiño de Santiago

- O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta en Vigo deron a benvida aos 50 mozos e mozas procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil que desfrutarán desta iniciativa

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, recibiron esta mañá no aeroporto da localidade olívica ao grupo de participantes no programa Conecta co Camiño que facilitará a 50 galegas e galegos do exterior achegarse a Galicia a través da realización do Camiño Portugués pola Costa durante as próximas semanas.

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, permitirá que mozos e mozas galegas do exterior de entre 18 e 20 anos, procedentes dos países con maior presenza da colectividade galega (Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil) poidan percorrer a ruta xacobea entre o 20 e o 31 de xullo.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen, e que coñecéndoa poidan decidir retornar a Galicia.

As e os beneficiados aloxaranse na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude.

O programa desenvolverase a través do percorrido por oito tramos galegos a pé polo Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela, así como na participación en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.

Para moitos deles e delas suporá a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS