sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño mellora a acesibilidade ao seu polideportivo municipal

Porriño mellora a acesibilidade ao seu polideportivo municipal

- O Concello conta co asesoramento de COGAMI, entidade á que se consigna por primeira vez unha axuda anual de 6.000 euros para levar a cabo accións conxuntas en materia de accesibilidade e inclusión das persoas con discapacidade

O Concello do Porriño está a executar a mellora da accesibilidade e adecuación dos dous pavillóns do polideportivo municipal para garantizar a accesibilidade nas principais instalacións deportivas do municipio.

Os traballos, que avanzan a bo ritmo, adaptarán o pavillón municipal ás necesidades dos e usuarias con diferentes tipos de mobilidade, con percorridos accesibles que mellorarán os accesos, adecuándoas tamén para o desenvolvemento de actividades de deporte adaptado. Ademais, permitirán que os nenos e nenas dos colexios poidan facer uso destas instalacións.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes e Benestar Social, Abel Estévez, visitaron as obras acompañados polo presidente de COGAMI, Ángel Holguera, e o directivo da Federación, Celso Álvarez, para valorar conxuntamente o desenvolvemento das mesmas, xa que dende a entidade se está a asesorar o proxecto.

“As barreiras arquitectónicas destas instalacións perxudicaban a moitos usuarios, era unha cuestión pendente dende hai tempo que urxía atender xa que se trata dun lugar moi concurrido e do que todas e todos debemos disfrutar, sen impedimentos”, explicou o alcalde, “Contamos co asesoramento de COGAMI para facelo , xa que ninguén mellor que eles para asegurar un resultado que atenda ás necesidades reais das persoas con problemas de mobilidade”.

Engadiu o rexedor que a colaboración entre ambas entidades irá máis alá desta intervención, contando co seu asesoramento noutros proxectos a desenvolver . “No novo orzamento consignamos unha aportación a COGAMI de 6.000 euros para levar a cabo accións conxuntas dirixidas á inclusión efectiva, social e laboral das persoas con discapacidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Queremos facer do Porriño un lugar amable e accesible para todos”.

Accesos e vestiarios adaptados en ambas pistas

Os traballos no pavillón principal centráronse en garantizar o acceso á pista e ás salas de ximnasia para persoas con mobilidade reducida e na construcción dun vestiario adaptado ao mesmo nivel. Para iso construíronse dúas plataformas que permiten acceder de maneira segura ás instalacións dende o exterior.

No segundo pavillón a intervención centrouse na ampliación de espacios baixo a grada e a construción dunha plataforma de acceso e tamén da creación dun itinerario interno que conecte a segunda pista coa principal, permitindo desta maneira a mobilidade no complexo sen ter que saír ao exterior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS