sábado, noviembre 23, 2024
InicioActualidadeDeportesMos prepara a seguinte tempada deportiva

Mos prepara a seguinte tempada deportiva

- A xuntanza, celebrada esta tarde no Multiusos das Pozas, congregou á alcaldesa, Nidia Arévalo, á concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, e a representantes da meirande parte dos clubes deportivos mosenses

Esta tarde celebrouse no Multiusos das Pozas unha reunión organizativa na que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, e representantes da maioría dos clubes deportivos mosenses entre os que se atopan os tres de patinaxe, Escolas de Patinaxe de Mos, Xiramos e Rosaleira; o Club Natación Mos e varios clubes de fútbol sala, balonmano, baloncesto, etc.

Sobre a mesma, a edil mosense de Deportes, Feli Rodríguez, declarou que “reunímonos en pleno verán cos clubes deportivos que adestran nos pavillóns municipais para coordinar o funcionamento e distribución de horarios de uso dos mesmos de cara ao comezo da vindeira tempada deportiva, para continuar a prestar o mellor servizo aos deportistas mosenses”.

O Concello de Mos conta con cinco pavillóns municipais: Óscar Pereiro –dotado tamén de Piscina Municipal-, Soledad Castro, Patricia Martíñez, Sanguiñeda e Atín; nos que ademais de impartirse cursos e clases organizadas pola administración local, adestran e empregan para celebrar os seus torneos e actividades numerosos clubes deportivos. De ahí a importancia e a necesidade de reunións organizativas como a que se realizou esta tarde no Multiusos e que ademáis serviu como presentación oficial da nova concelleora da área de Deportes, Feli Rodríguez.

Os clubes deportivos mosenses congregan a un total duns 1.000 deportistas repartidos entre os 3 clubes de patinaxe, o Club de Tiro con Arco Archers Team, o Club de Natación Mos (Infantil e Master), os clubes de fútbol Alerta Sanguiñeda, UD Mos e Louro Tameiga; o Club Tenis de Mesa Mos e o Club Xadrez Mos.

As de partinaxe son unhas das escolas deportivas con máis integrantes do Concello de Mos. En total sobre uns 160 nenos/as e mozos/as practican este deporte formando parte dun dos tres clubes mosenses: Escolas de Patinaxe de Mos (que conta cuns 100 patinadores/as), Club Rosaleira (que conta con sobre 30 patinadores/as) e Xiramos (que conta con outros 30 integrantes).

Todos estes xoves patinadores realizan os seus adestramentos no Pavillón Óscar Pereiro e no Pavillón Soledad Castro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS