viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoNegociacións para a cesión dos terreos para poder construír o novo Centro...

Negociacións para a cesión dos terreos para poder construír o novo Centro Integral de Saúde

- Javier Puente agarda que o novo goberno local mude a postura do anterior e colabore na posta en marcha dun centro que engadiría novas prestacións á poboación do Morrazo, como unha unidade de hemodiálise

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente Prieto, e a nova alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, mantiveron unha reunión esta mañá no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo na que o responsable da sanidade viguesa solicitou á mandataria municipal a cesión pendente dos terreos que permitan a construción no municipio dun novo Centro Integral de Saúde (CIS).


Esta iniciativa, formulada pola Xunta hai xa cinco anos, aínda non puido ser materializada
debido á falta de colaboración dos sucesivos gobernos locais na cesión á administración
autonómica dos 4.900 m2 de terreo precisos para a súa edificación.


Con tal motivo, o xerente da Área Sanitaria de Vigo reiterou esta demanda ao novo
goberno municipal para poder dar unha resposta definitiva á cidadanía de Cangas ao
respecto desta nova infraestrutura sanitaria que precisa. Ao finalizar o encontro, Puente
Prieto mostrouse confiado en que a alcaldesa de Cangas poda mudar a postura mantida
polo anterior goberno local e opte colaborar neste proxecto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS