O Concello de Mos e o de Pazos de Borbén, na incidencia de risco polos novos contaxios en COVID-19, a unhas horas de que se reúna o Comité Clínico do SERGAS.
Así, Mos e Pazos de Borbén superan a incidencia, considerada polo SERGAS, de risco ao rexistrar máis de 250 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas. Mañá, ás 18 horas, reúnese o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia co fin de actualiar a lista dos concellos con máis ou menos flexibilidade na desescalada. Unhas medidas que afecta á hostalería, que pode supor o peche do interior dos locais, e á mobilidade, entre outras cuestións.
Pola contra, Oia e Redondela, que se atopan nun nivel de desescalada máis restrictivo que os demais concellos das comarcas, non superan agora os 250 casos por cada 100.000 habitantes. Decidirá mañá o Comité se continuan coa hostalería só ao 50 % do aforo nas terrazas para afianzar os datos ou se situarán no nivel que permite abrir tamén o interior dos locais ao 30% da capacidade. Comparten incidencia con:
Redondela 50 (-4)
O Porriño 35 (-1)
A Guarda 16 (-2)
Oia 1-9 (=)
Fornelos de Montes 1-9 (=)
Mondariz 1-9 (=)
A maioría dos municipios das comarcas, 9 e a cidade de Vigo, non rexistran máis de 150 casos a 14 días:
Vigo 379 (+24)
Tui 25 (=)
Ponteareas 19 (-1)
Tomiño 17 (-1)
Baiona 13 (=)
Nigrán 13 (-3)
Gondomar 1-9 (-2)
A Cañiza 1-9 (=)
As Neves 1-9 (=)
Salceda de Caselas 1-9 (=)
Nunha mellor situación epidemiolóxica, con non máis de nove positivos cadanseu en dúas semanas, ao rexistrar menos de 50 contaxios por cada 100.000 habitantes: O Rosal, O Covelo, Crecente, Arbo e Salvaterra de Miño. Libre de COVID-19, Mondariz-Balneario.
Nivel 3 desescalada
Os seguintes concellos das comarcas teñen permitida a mobilidade entre eles ademais doutros municipios que comparten o nivel medio de desescalada, os da cor laranxa, tal e como aparece no mapa oficial do SERGAS
Vigo, Ponteareas, Baiona, O Porriño, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, Mos, A Guarda, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario, O Rosal, O Covelo, Crecente, Arbo, Salvaterra de Miño, As Neves, Tui, Tomiño, Baiona, Gondomar, Nigrán e A Cañiza.
Oia, Redondela e Moaña, da Área de Vigo, nun nivel máis restrictivo pola súa situación epidemiolóxica. Mañá ás 18 horas reúne o Comité Clínico para actualizar a lista dos concellos segundo cada nivel.