O AECT Río Miño esixe indeminizacións, pois os empleados transfronteirizos están a perder entre 200 e 300 euros en combustible.
O Agrupamento Europeo de Cooperación Teritorial Río Miño creará un rexistro de traballadores transfronteirizos afectados polo peche dos pasos entre España e Portugal co fin de proceder á tramitación de posibles indemnizacións. “O mal xa está feito abran agora os pasos ou dentro dun mes. Agora queremos que nos teña en conta e se nos compense polas perdas”, destaca o vicedirector da AECT Río Miño, Uxío Benítez.
“Queremos poñerlle cara a esta situación, facer un cómputo, porque as persoas traballadoras transfronteirizas están a perder entre 200 e 300 euros só en combustible polos desprazamentos ao non ter todos os pasos da fronteira abertos”, explica Benítez.
Tamén adianta Benítez que, os alcaldes dos 26 municipios do territorio miñoto van solicitar compensacións económicas polas decisión de pechar a fronteira dos estados español e portugués.
Como primeira medida, o AECT presentará alegacións ao programa operativo POCTEP 2021-2027 que está en fase de exposición pública e que, pese a ter como obxecto inxectar fondos nas fronteiras, “está deturpando os seus obxectivos destinando fondos a zonas non fronteirizas”. Solicitou, pois, que se garanta que os fondos se destinen ás zonas de raia e se creen partidas específicas para a zona do Miño.
Así mesmo, presentarase unha moción nos 26 concellos para ter o refrendo democrático e reivindicar ante todas as institucións tanto a apertura inmediata dos pasos como as compensacións económicas polo peche.