lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasVal de MiñorNigrán dixitalizará todo o material audiovisual da súa antiga televisión

Nigrán dixitalizará todo o material audiovisual da súa antiga televisión

Son gravacións dos anos 90, que inclúen un concerto dos comezos musicais de Iván Ferreiro, que se poderán visualizar na futura biblioteca.

O Concello de Nigrán reservará unha partida orzamentaria de 7.000 euros co obxectivo de dixitalizar todo o material audiovisual da súa antiga televisión local, en funcionamento entre 1994 e 1998. O Arquivo Municipal mantén almacenadas desde entón preto de 600 cintas VHS con máis de 1.500 horas de grabación cun alto risco de que resulten irrecuperables ante o seu progresivo deterioro.

A intención do goberno local é dixitalizar o 100% para, posteriormente, seleccionar a programación propia emitida durante eses 4 anos, clasificala e etiquetala de xeito que resulte de fácil consulta para calquera usuario da futura Biblioteca Municipal e para investigadores. Neste novo edificio se reservará un espazo con dous equipos informáticos destinados a visionar estes materiais audiovisuais e os que vaian xurdindo. Igualmente, se recuperarán as cámaras orixinais para mantelas expostas neste novo edificio.

“É un material con moitísimo valor histórico para Nigrán que debemos recuperar xa porque se está deteriorando ano a ano. Deste xeito garantimos a súa pervivencia para sempre e aproveitamos de verdade o traballo realizado durante aqueles anos”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que, precisamente na pequena escolma ao azar realizada para ver se era posible técnicamente a dixitalización apareceu un concerto dun novísimo Ivan Ferreiro ou unha entrevista a unha persoa maior de Nigrán xa falecida como parte do programa ‘Os nosos vellos’.

“Temos un material propio que, coa perspectiva que outorgan 25 anos despois, é dun gran valor histórico porque reflexa o noso pasado máis inmediato”, sinala o rexedor en referencia a apartados como o informativo local, tertulias, entrevistas aos alcaldes e concertos de grupos da comarca.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS