sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsA terraA praia do Muiño volve lucir a Bandeira Azul

A praia do Muiño volve lucir a Bandeira Azul

- A praia de O Muíño, ademais de estar adaptada para persoas con diversidade motriz con pasarela accesible e cadeira anfibia, conta con outros servizos esixidos por Bandeira Azul, como son: paneis informativos, análise de augas con resultados de “excelente” nos catro veráns anteriores, servizo de limpeza e de recollida de residuos así coma aseos

Esta tempada de verán as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de Bandeira Azul outorgada pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), como recoñecemento a súa calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais, concedeuse a distinción “Sendeiro Azul” á unión das sendas que percorren a costa de A Guarda entre estas dúas praias.


Tras renunciar a pasada tempada ás Bandeiras Azuis que lle foran concedidas, por non
dispor de socorristas aspirantes, este verán o Concello de A Guarda contará cun cadro de
persoal de servizo formado por catro socorristas contratados; dous dos socorristas
atenderán a praia de O Muíño de luns a domingo, cumprindo así con este requisito para
poder izar dita Bandeira Azul. No caso da praia de Area Grande o servizo activarase de
unicamente de venres a domingo, dispoñéndose tamén nesta praia de dous socorristas
durante eses días da semana. O servizo de socorrismo prestarase no período que vai dende
o pasado sábado día 8 de xullo ata o 8 de setembro, en horario de 12:00 a 20:00.


A ADEAC comunicou ao Concello da Guarda a autorización para izar a bandeira a pesar dos
danos nos accesos á praia provocados polas riadas do pasado inverno; a reparación desta
zona é unha prioridade dende o primeiro día para o actual equipo de goberno, quedando
unicamente, tras facer de urxencia as xestións correspondentes, á espera de recibir os
permisos por parte da autoridade de Costas para levar a cabo as obras necesarias de
reacondicionamento.

Por último, destacar que, ademais da Bandeira Azul na Praia de O Muíño, izouse
tamén o distintivo de Ecopraia concedido pola Asociación Técnica para a Xestión de
Residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das
praias, respectando o delicado ecosistema dunar como espazo protexido “Red Natura
2000” na que se encontra integrada dita praia.


Unha vez dito todo o anterior, dende o Concello de A Guarda queren animar a todo o
mundo a desfrutar das fermosas praias coas que se conta o noso municipio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS