sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasNigrán pon en valor a Batería Militar de Monteferro

Nigrán pon en valor a Batería Militar de Monteferro

- O Concello de Nigrán investíu 16.758 € en devolver aos dous canóns aos anos 30 e en facilitar o acceso á fonte e o lavadoiro dos soldados, case descoñecidos ao estar tapados pola maleza

Os canóns de Monteferro veñen de retroceder no tempo 100 anos para lucir como na súa orixe. Esta milagre foi posible grazas ao investimento de 16.758 € por parte do Concello de Nigrán a través dunha liña de axudas da Deputación de Pontevedra destinada á restauración e sinalización de elementos patrimoniais de titularidade municipal dentro da
provincia. Os traballos, adxudicados á cooperativa Árbore, supuxeron a limpeza, restauración e barnizado da Batería J3; e a limpeza do lavadoiro dos soldados e da Fonte da Mina incluíndo os accesos mediante roza (ambos elementos ficaban totalmente invisibles debido á maleza que os cubría). O resultado máis chamativo é que os canóns recuperaron o seu color militar tras décadas de abandono e vandalismo en forma de chamativas «pintadas» divulgadas en redes polos autores como «intervencións artísticas». Igualmente,
toda esta batería será sinalizada mediante paneis interpretativos.

«A península de Monteferro é un tesouro patrimonial infinito para Nigrán que, grazas á Comunidade de Montes, á quen pertence na súa maioría, estamos a por en valor no seu conxunto», indica o alcalde, Juan González, en referencia tamén aos seus petróglifos (o Concello realizou sucesivos investimentos para sinalizar e por en valor estes gravados) e á propia contorna natural «cunha costa e unha masa arbórea espectacular».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS