A situación epidemiolóxica nas comarcas continúa estable, e todos os Concellos, agás Mos, están por debaixo dos 250 contaxios por 100.000 habitantes.
Mos é o único municipio na zona de risco e leva varias xornadas rexistrando novos casos de COVID-19. No día de hoxe ten 24 positivos, un máis que onte. Os outros dous Concellos nos que aumentan os contaxios son Porriño, con 36 positivos, 3 máis; e Soutomaior, con 41, 2 máis ca onte.
En cambio, no Baixo Miño hai boas novas, porque Tui e Tomiño baixan por primeira vez en moito tempo dos 150 contaxios por 100.000 habitantes. En ambos municipios baixan os positivos: menos 5 en Tomiño e menos 3 en Tui. Teñen 18 e 25 contaxios, respectivamente.
Tamén baixan os casos positivos de coronavirus en:
Vigo: 403 (-8)
Pazos de Borbén: 10 (-1)
Redondela: 54 (-5)
A Guarda: 18 (-1)
Mondariz: 1-9 (-2)
Ponteareas: 20 (-2)
Baiona: 13 (-1)
Gondomar: 11 (-4)
Nigrán: 16 (-2)
No resto de Concellos, as cifras no rexistran cambios con respecto á xornada de onte:
Oia: 1-9
Fornelos de Montes: 1-9
O Rosal: 1-9
A Cañiza: 1-9
As Neves: 1-9
Salceda de Caselas: 1-9
Arbo: 1-9
Crecente: 1-9
Covelo: ningún contaxio por COVID-19