O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, manifestou por segundo día consecutivo estar “francamente preocupado” por como se está producindo a desescalada, sobre todo no sector da hostalería.
García Comesaña lanza unha nova mensaxe de preocupación na segunda xornada de reapertura de bares e restaurantes porque “hai unha cantidade moi considerable de hostaleiros que non abriron coas condicións fixadas”, é dicir, cun aforo ao 50% nas terrazas e do 30% no exterior nos Concellos fóra da zona de risco. “Co seu comportamento irresponsable, poñen en risco a todos”, advirte.
“Os que incumpren xóganse o peche futuro dos seus locales, pero tamén dos que están cumprindo as normas, é iso é unha grande inxustiza que entre todos temos que evitar”, lamenta o conselleiro, recordando que “tanto no interior como no exterior deben estar todas as mesas montadas, e só o 30% no interior e o 50% no exterior deben estar habilitadas”. Isto facilita “o control visual e garantiza a distancia de seguridade”, explica Comesaña, pedindo responsabilidade a clientes e hostaleiro.
Para evitar riscos, o conselleiro tamén fai un chamamento ás forzas e corpos de seguridade do Estado. Pide que “sexan inflexibles cos incumprimentos e redobren os seus esforzos”.
“Nos xogamos moito, no sanitario e no económico”, insiste o responsable de Sanidade.