Así se recolle no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do día de hoxe onde o Alcalde se asegura por decreto o seu propio salario de 50 mil euros e tamén catro exclusivas de 32 mil euros para Nuria Lameiro, Brais Misa, Iria Lamas e Rocío Goberna, máis unha media de 16 mil para José Manuel Chamorro. Un montante total de 194 mil euros que supoñen a mesma contía que no mandato anterior, malia a perda de representación.
A Portavoz municipal do BNG de Gondomar, Manuela Rodríguez, considera “indecente” que Paco Ferreira se asigne por decreto de Alcaldía o seu propio salario de 50 mil euros ao ano, así como catro dedicacións exclusivas completas de 32 mil e unha parcial do cincuenta por cento para os membros do seu Goberno.
“Constátase así que as negociacións eran só un paripé, como xa comprobamos nas dúas
conversas mantidas co propio Ferreira e coas concelleiras Lamas e Lameiro”, reprochou
Rodríguez. “O alcalde xa tiña claro o que ía facer dende o primeiro momento, asegurarse unha boa nómina para os vindeiros catro anos, porque iso é o único que move ao grupo municipal do PSOE”.