A situación epidemiolóxica nas comarcas do Baixo Miño, Val Miñor, A Louriña, O Condado, A Paradanta, Vigo e Redondela estabilízase e a maioría dos Concellos repiten os mesmos datos ca onte.
Oia, Tomiño, O Rosal, Nigrán, Gondomar, Salceda de Caselas, Arbo, Crecente, As Neves, A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes non rexistran cambios.
Por outra banda, en Redondela, Porriño, Tui, Ponteareas e Baiona continúan descendendo os contaxios. Redondela, Porriño e Baiona teñen 2 casos menos cada un; en Ponteareas hai catro contaxios menos e en Tui un.
Os municipios que rexistraron un repunte de positivos en COVID-19 na última xornada son: Mos (+1), Pazos de Borbén (+1), A Guarda (+3) e Vigo (+2).
Na mellor situación posible seguen en Covelo e Mondariz-Balneario. Ambos Concellos están libres de coronavirus.