viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeDeportesVíctor Senra e David Vázquez gañan o XIX Rallye Sur do Condado

Víctor Senra e David Vázquez gañan o XIX Rallye Sur do Condado

- A entrega dos premios tivo lugar no recinto amurallado de Salvaterra de Miño onde se puxo fin a unha proba que este ano congregou a máis de 110 coches

A pasada fin de semana celebrouse en Salvaterra de Miño o XIX Rallye Sur do Condado.
Unha proba que tivo como punto de partida o noso concello e que rematou coa
ceremonia de entrega de premios nun enclave novo, o recinto amurallado.


O organización, que felicitou a tódolos participantes da edición que vai cumplir vinte
anos, fixo a entrega dos trofeos das distintas categorías neste lugar privilexiado.


Víctor Senra e David Vázquez, líderes durante boa parte da xornada, lograron ó remate
da proba o ansiado título de gañadores do Rallye Sur do Condado.


Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, destacou que “esta proba é un referente
na nosa comunidade autónoma, nótase porque cada ano atrae a máis apaixonados do
mundo do motor”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS